Thursday 02 de May de 2024

Marta Abal reclama a posta en marcha do Programa de patios inclusivos nos CEIPs dependentes do Concello


Explica que o goberno socialista iniciara xa os traballos de contratación dun estudo a COGAMI e pídelle agora ao executivo local a súa posta en marcha en colaboración coa consellería de Educación

Abal compromete unha postura “de cidade” dos socialistas na operación Peleteiro: “remaremos sempre a favor da cidade, algo que BNG e CA non fixeron”

Co obxectivo de ofrecerlle ao alumnado dos CEIPs públicos de Santiago entornas “accesibles” que propicien “dinámicas de xogo inclusivas”, o grupo socialista reclamará no vindeiro pleno municipal a posta en marcha dun programa de patios inclusivos nos 13 colexios dependentes do Concello de Santiago. Un programa para o que se iniciaron os traballos no pasado mandato, cando os socialistas desde o goberno encargaron a COGAMI un estudo da accesibilidade das contornas dos centros educativos.

Marta Abal reclama agora que, con ese traballo previo de diagnose, o goberno local inicie os traballos de reforma e adaptacións dos espazos e contornas que se detallan no informe técnico, propondo tamén que se realice en colaboración coa consellería de Educación “e en diálogo coas ANPAS”. A edil socialista destaca, logo de visitar varios centros de educación infantil e primaria, que o “común denominador en todos os colexios” é que contan “con patios nada accesibles, con barreiras arquitectónicos e nada estruturados” algo que, explica, “non favorece á integración e á inclusión”, máis tendo en conta o importante número de alumnado con necesidades educativas especiais, tanto físicas como cognitivas aos que, insiste, “lles debemos prestar especial atención”.

Pon como exemplo o caso do CEIP das Fontiñas, con bordos e beirarrúas estreitas que dificultan a accesibilidade para o alumnado que presenta algún tipo de diversidade funcional: “debemos ser capaces de proporcionarlle ás nenas e nenos contornas nos que compartir, comunicarse, evitar o acoso escolar e inculcar valores como o respecto, a diversidade, a igualdade e a non discriminación” insiste Abal.

O novo contrato do SAF “en consonancia coa aposta do Partido Socialista”

A preguntas das xornalistas respecto o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar, Marta Abal fixo unha valoración positiva de esta renovación do servizo e destacou que o incremento da partida orzamentaria que se destina a este servizo foi posible gracias á liquidación positiva do Estado: “a política fiscal do goberno de España é o que está axudando a que se poida prestar o servizo”.

Abal asegurou estar “á expectativa” de ver o resultado da renovación do servizo, e defendeu que esta aposta polo SAF “vai en consonancia coa aposta do Grupo Socialista que xa durante o pasado mandato duplicamos o gasto respecto cando chegamos”. De feito, lembra, o importe do contrato alcanzou máximo que permitía a dispoñibilidade orzamentaria.

Sobre a operación Peleteiro: “sempre nos vai ter ao lado da cidade”

A concelleira socialista referiuse tamén á situación da operación Peleteiro, á espera da reunión do goberno local co ministerio de Facenda e Vivenda. Deixando claro que é o goberno quen ten que “pilotar” agora a situación porque, “é o que lle corresponde”, Abal insistiu na necesidade de atopar unha solución para o edificio “porque está colocado nun entorno estratéxico”.

Abal defendeu que a postura dos socialistas vai ser “estar sempre ao lado da cidade” algo que, tamén recoñece, “BNG e CA non fixeron”. A socialista aínda que insiste en que remarán “sempre a favor do Concello”, deixa claro que non van a actuar “por unha vía unilateral” senón “en plena consonancia e acordo coa propiedade” porque, explica “do contrario se producirían unhas consecuencias económicas negativas para o Concello”.

Preguntada polos xornalistas sobre as declaracións da tenente de alcaldesa, María Rozas, que defendeu o proxecto de Compostela Aberta no 2019, Abal lémbralle que a proposta que os socialistas levaron a pleno en decembro do 2022 tiña informes favorables de todos os técnicos, “sen absolutamente ningunha tacha”, a diferencia da proposta de CA.

Deja un comentario